A violencia de xénero, un fenómeno complexo que afecta a mulleres de todas as idades, culturas, clases sociais e niveis educativos, é a primeira causa de mortalidade entre as mulleres antes dos corenta e cinco anos. Esta situación dáse en diferentes contextos e o ámbito universitario non escapa a esta realidade. Así se reflicte na Guía de prevención e atención da violencia de xénero nas Universidades, unha investigación desenvolvida en oito universidades españolas que revela que ata un o 65% do estudantado recoñece ter sufrido algunha manifestación da violencia de xénero. Lidia Puigvert, profesora de Socioloxía da Universidade de Barcelona, e participante no estudo, foi a encargada da súa presentación nas xornadas A igualdade na Universidade: amosar e previr o acoso e a violencia, que hoxe comezaron no campus de Ourense.
30/11/2009