A Universidade de Vigo é unha das institucións promotoras do Explor 3D, o primeiro observatorio español dedicado á investigación, o desenvolvemento, a promoción e a coordinación da industria e a cultura asociadas ao uso das tecnoloxías 3D. A iniciativa está impulsada polo goberno das Illas Baleares e na mesma participan tamén empresas punteiras que desenvolven a súa actividade no ámbito das 3D e a Universidade Complutense de Madrid “aínda que é posible que se incorpore algunha universidade máis nas próximas semanas”, segundo manifesta Enrique Barreiro, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática. A firma da acta fundacional do observatorio tivo lugar este luns en Ibiza e Enrique Barreiro asistiu representando á Universidade de Vigo como vocal na xunta directiva da nova institución.
19/01/2010