O Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria arderá este xoves ao ritmo de Sidonie subindo o pano da programación cultural para o segundo cuadrimestre da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes. O quinto disco dos cataláns, El incendio, gravado nos míticos estudos londinenses Abbey Road, encherá de “sons perfectos”, como os cualifica a crítica, os oídos esixentes.
Tras eles, dous meses intensos de música, teatro e arte pensados para o público máis esixente da comunidade universitaria pero tamén como unha ponte entre a institución e sociedade en xeral. O proxecto galego-guineano Aló Irmao, o Festival Sonora Primavera, o teatro de Etxea, Mofa e Befa e os espectáculos rúa compleméntanse cunha proxección e unha exposición que rende homenaxe ao xénero feminino a través das batas de traballo no Día da Muller.
02/03/2010