Nos arredores do Faro da Borneira, no concello de Cangas, mariñeiros e mergulladores teñen localizado restos de antigos naufraxios, como os canóns da fragata francesa Herminie, afundida en 1762, o Valparaíso, un buque mixto de vapor e velas do século XIX, ou o trasatlántico desguazado Shoutern Cross, afundido en 1909. Xunto con eles hai varias embarcacións máis pequenas que converten esta zona nun punto de especial interese para arqueólogos e mergulladores. Pero os fondos na Borneira adoitan estar turbios e a visibilidade é reducida polo que dende a Unidade de Detección Remota do CACTI pensaron en empregar un sónar de barrido lateral par obter imaxes destes restos dende a superficie. Tras algún cambio nas datas, este luns en colaboración co Centro de Buceo Balea, realizarán unha saída para probar este mini-sónar.
16/03/2012