As universidades, a de Vigo en particular, levan anos facendo un enorme esforzo para que todo o coñecemento que se xera no seo traspases os muros de escolas e facultades e chegue a unha sociedade que demanda institucións académicas e científicas proactivas. Ademais da cada vez máis presente transferencia do coñecemento ao tecido económico e industrial, a divulgación é unha das pezas clave para o bo funcionamento do sistema de I+D. Este é o obxectivo da revista Investigación, que acaba de publicar o seu sexto número no que se recollen once traballos que abarcan diversos eidos do coñecemento, dende a física ata a oceanografía, a biomedicina, o dereito, a comunicación, a viticultura, a patoloxía molecular ou as ciencias sociais.
17/01/2012