Limitacións de mobilidade, confinamentos, toques de queda, etc. A xestión da pandemia da covid-19 implicou unha serie de restricións de dereitos fundamentais por razóns de saúde pública. Para analizar as súas implicacións, este xoves a Facultade de CCXX e do Traballo acollerá a xornada Debates sobre as restricións de dereitos fundamentais en situacións de emerxencia sanitaria. A xestión da Covid-19, que contará coa participación de Roberto Blanco Valdés e Luis Villares.
28/09/2021