Ir da teoría á práctica e coñecer desde dentro o funcionamento de institucións como o Parlamento de Galicia é o propósito central da actividade que este xoves levou a 22 estudantes do Grao en Dirección e Xestión Pública a tomar asento nos escanos da cámara autonómica, onde compartiron coloquio cos deputados Pedro Puy, portavoz parlamentario do PP; Manuel Lourenzo, vicevoceiro do BNG, e Luis Álvarez, portavoz do PSdeG-PSOE.
03/11/2022