O campus de Ourense acollerá o día 20 de xuño por segunda vez na súa historia a investidura dun doutor ou doutora honoris causa pola Universidade de Vigo. Ese día, Jacquelyn C. Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, de Estados Unidos, converterase na cuarta muller a na vixésimo oitava persoa en recibir esta distinción por parte da institución académica. O acto celebrarase en Ourense porque a súa proposta de nomeamento foi impulsada desde este campus polo Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da Universidade de Vigo, concretamente pola súa profesora María Lameiras.
29/05/2018