Transcorrido un ano e medio desde a creación da Comunidade Alumni-UVigo, o vindeiro mércores 13 de xullo celebrarase no campus de Vigo o primeiro acto público no que as e os egresados da Universidade de Vigo poderán reencontrarse, primeiro na entrega dos premios que recoñecen o labor persoal e profesional do antigo alumnado e, posteriormente, nun acto lúdico.
08/07/2022