“Grazas pola súa asistencia constante, pero sobre todo pola súa comprensión, confianza, compromiso, crítica, lealdade institucional e cariño. Quero que quede claro, ao final desta lexislatura, que isto foi o que percibiu este equipo de goberno”. Con estas palabras agradecía este mediodía o reitor saínte da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, aos membros do Consello de Goberno o labor desenvolvido ao longo dos oito últimos anos, que se corresponden coas dúas lexislaturas nas que presidiu o órgano colexiado.
23/05/2018