O Mestrado en Matemática Industrial, que imparten conxuntamente as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, recibiu este mediodía o recoñecemento de Máster de Excelencia da Xunta de Galicia.
Dende hoxe luns está aberto o prazo de matrícula nos 22 cursos que conforman a oitava edición do Itinerario Formativo Virtual en Xénero, unha iniciativa da Unidade de Igualdade que busca impulsar e mellorar a formación en xénero de toda a comunidade universitaria e potenciar así o obxectivo estratéxico da UVigo de converterse nun referente social en igualdade.
En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo abre o prazo para participar na segunda edición do Premio de investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco.
Os docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario organizaron para este mes un novo curso no que as persoas asistentes terán a oportunidade de pórse ao día dos diferentes instrumentos normativos cos que conta a Administración Tributaria ante o reto dos novos modelos de negocio.
O curso de Advanced Trading celebrará entre mediados de febreiro e mediados de marzo a súa sexta edición. Esta formación ten como obxectivo ofrecer ao alumnado a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros.
Un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas. Estas son as grandes novidades da oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, un abano de posibilidades que inclúe sete cursos formativos en lingua galega.
Desde este xoves todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar os seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos.
Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo.
Entre o 31 de xaneiro e o 28 de abril desenvolveranse os oito cursos do programa gratuíto de formación e-Destrezas que a Vicerreitoría de Extensión Universitaria oferta para o segundo cuadrimestre do curso 2022-2023 co obxectivo de desenvolver e mellorar as competencias dixitais do estudantado, PAS e PDI da UVigo.
Tras unha exitosa estrea o curso pasado, a Universidade de Vigo volverá impartir nos meses de febreiro e marzo unha nova edición do Curso avanzado de posgrao de eficiencia enerxética na rehabilitación de edificios.
A cultura como un dereito; a cultura como unha industria e a cultura como un valor. Sobre estas tres facetas da cultura reflexionou este martes no campus de Vigo o ex-ministro de Cultura e embaixador de España ante a Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes.
O Congreso de Traballos Colaborativos cumpre 10 anos e faino, tal e como se subliñou na apertura da súa XIX edición na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, apostando máis que nunca polo incremento constante da cooperación entre titulacións.