Ao longo deste 2021 o proxecto arqueolóxico de Armea, nado en 2011 no marco da colaboración entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (GEAAT) e o Concello de Allariz, celebrou unha década de existencia. Para facer balance do traballo realizado e do seu impacto cultural, social e económico, vén de publicarse o libro Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural.
20/12/2021