Un ano máis, e van 26, a Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, volve a levantar o pano. Do 1 ao 15 de xullo, diferentes escenarios da cidade das Burgas acollerán 24 representacións de compañías de cinco países e de diferentes puntos da xeografía estatal. A Universidade de Vigo terá de novo un protagonismo destacado nesta edición, pois, ademais de ser unha das entidades promotoras, nela actuarán as seis aulas de teatro e danza da institución académica. Con prudencia pero dando pasos cara a “normalidade”, a cita márcase como obxectivo comezar a devolver ao teatro o seu público.
22/06/2021