Co obxectivo de dar visibilidade na cidade a unha actividade formativa, aberta ao conxunto da cidadanía, que permite iniciarse ou perfeccionar o manexo de diferentes instrumentos populares, a Aula Permanente de Música Tradicional Galega do Campus de Pontevedra decidiu pechar o quinto curso da súa traxectoria cunha serie de actuacións en diferentes prazas da cidade, como a que na noite deste luns levou a cabo na Ferraría.
21/06/2022