Os circuítos de Silverstone e Montmeló son os elixidos polo UVigo Motorsport para poñer a proba o seu monopraza da competición Formula Student, o UM23. O coche participará este verán en tres probas, dúas delas na pista británica, onde competirán na proba clásica do Formula Student UK e tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, e no Formula Student Spain.
13/03/2023