A segunda semana de xullo arrancará a intervención arqueolóxica no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chás. Con ela, un equipo liderado por Beatriz Comendador, arqueóloga do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) da Universidade de Vigo, iniciará un proxecto que durante catro anos terá como obxectivo “comprender mellor e dar a coñecer este conxunto arqueolóxico de primeira magnitude que nunha antes foi escavado”.
21/06/2019