Por terceiro exercicio consecutivo, a Universidade de Vigo incrementa o seu orzamento de ingresos, que para o 2019 será de 182.535.089€, superior nun 5,79% ao do ano anterior. Estas son as cifras presentadas este luns ante o Claustro polo vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno, incluídas nas liñas básicas de actuación orzamentaria, as primeiras presentadas polo actual equipo de goberno.
03/12/2018