Cando aínda faltan dous días para que arranquen as actividades do programa Divulgando Ciencia Singular xa se esgotaron as 200 prazas dispoñibles para participar en Embárcate co CIM, a actividade coa que o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo convida á cidadanía a realizar este sábado un percorrido en barco entre o peirao da Laxe e a illa de Toralla, paseo para o que teñen previsto a realización de múltiples actividades, tanto no propio barco como na Estación das Ciencias Mariñas, Ecimat.
04/10/2018