Esta semana botou a andar en Polonia un proxecto europeo de innovación educativa que ten como finalidade potenciar e fomentar a organización de actividades académicas fóra das aulas e dos laboratorios.
Creada en 2019, a Unidade de Convivencia e Resolución Positiva e Resolución Positiva de Conflitos (ConviveUVigo) promove cada ano un acto conmemorativo do Día Europeo da Mediación, dirixido a afondar nos múltiples aspectos que inciden neste proceso de resolución de conflitos a través do acordo entre as persoas implicadas.
Tras catro meses de traballo, un grupo de estudantes de último curso dos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e en Enxeñaría da Enerxía presentaron esta semana os seus primeiros traballos como investigadores.
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
“Durante moito tempo oculta e invisibilizada”, como sinala o profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Iván Martínez, a violencia, física, psicolóxica ou sexual que infancia e adolescencia pode padecer en contextos deportivos e de ocio centrou un dos proxectos de innovación educativa desenvolvidos neste centro.
Socios de seis países participan esta semana en Vigo na reunión de lanzamento do proxecto europeo Up2You, un traballo dirixido a fomentar a cooperación entre as universidades, a administración pública, as empresas e a sociedade na promoción do desenvolvemento sostible e inclusivo.
Co inicio do segundo cuadrimestre arranca tamén a formación en idiomas que ofrece o Centro de Linguas da Universidade de Vigo, que para esta segunda parte do ano académico oferta cursos de inglés, alemán e español para estranxeiros.
Como “unha forma de adestrar unha habilidade fundamental”, como é ter capacidade de argumentación, presenta o decano de Dirección e Xestión Pública, Enrique Varela, o club de debate que a facultade impulsa por primeira vez e no que participa tamén alumnado do IES A Xunqueira II e do colexio Los Sauces.
A importancia que teñen as e os artistas formados na Facultade de Belas Artes á hora de abordar a traxectoria e o presente da arte de acción en Galicia é un dos propósitos do novo volume da serie En tránsito, un conxunto de publicacións nas que egresados e egresadas afondan na súa traxectoria e proxectos.
Dar a coñecer os diferentes tipos de desinformación existentes e as ferramentas que a cidadanía ten ao seu alcance para verificar a información é o propósito dos diferentes vídeos que o alumnado do Grao en Comunicación Audiovisual difunde a través das redes sociais, no marco dun proxecto de aprendizaxe-servizo.
“Queremos dar a coñecer a complexidade social e riqueza cultural das comunidades multilingües do mundo, así como fomentar a concienciación sobre o perigo que corren certas linguas minorizadas”. Estes son os obxectivos da I Xornada de multilingüismo que se celebra este venres na FFT.
Dentro das accións dun proxecto europeo, Dirección e Xestión Pública acolle unha exposición fotográfica sobre a Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 en Estonia, Letonia e Lituania, que por aquel entón formaban parte da URSS.
O Pazo da Cultura de Pontevedra foi na noite deste mércores o escenario do tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que cada ano desenvolve de xeito rotatorio nas cidades nas que se asentan os seus tres campus.
Visibilizar que a igualdade debe ser un eixe fundamental no ámbito tecnolóxico era un dos obxectivos da xornada organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, co apoio da Unidade de Igualdade.