“A conquista dos dereitos non é para sempre, hai que seguir loitando por conservar algunhas metas acadadas no pasado e non dar un paso atrás”. Así se expresaba a directora da Unidade de Igualdade, Anabel González Penín, na apertura das Xornadas de Feminismo organizadas pola Liga Estudantil Galega que, ao longo de dous días, serán unha palestra de debate e reflexión sobre a situación da muller nos diversos sectores da sociedade, dende a música e a literatura, ata o asociacionismo, a educación ou a cooperación ao desenvolvemento. A responsable a asociación, Beatriz Fariñas, explicaba que neste tempo estanse a dar certos retrocesos no camiño da consecución da igualdade real de homes e mulleres, “con exemplos claros como a posible modificación da Lei do Aborto ou a Lei da Familia”.
25/04/2012