Como cada curso, o Centro de Linguas abre as súas portas a todos os interesados en aprender idiomas alleos, así como aos que se queiran achegar á aprendizaxe do español como segunda lingua. Desta volta ofértanse once idiomas repartidos polos tres campus, que van dende os tradicionais inglés, francés, alemán, italiano ou portugués, ata outros de procedencia máis afastada, como o chinés, o xaponés, o árabe ou o ruso. Complétase o catálogo de cursos co de lingua de signos española e o de español para estranxeiros. Ademais, durante este cuadrimestre, o Centro de Linguas potenciará a súa presenza no campus de Pontevedra con cursos e colaborando coa Casa Inglesa.
10/09/2012