É desde hai catro anos o departamento da Universidade de Vigo que maior volume de ingresos por actividades de I+D contratadas obtivo. Só en 2011 foron máis de 2,2 millóns de euros, o 8,5% do total acadado pola institución académica viguesa, os que captaron os preto 60 de investigadores e docentes que integran o departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Mecánica de Fluídos que ten na “diversificación”, segundo afirma o seu director, Jorge Morán, un dos seus principais valores. A homologación de vehículos para particulares e empresas privadas constitúe a principal fonte de ingresos do departamento líder en contratos de I+D, unha actividade á que se suman as derivadas da investigación en caldeiras de biomasa, eficiencia enerxética, simulación térmica e de fluídos, así como proxectos de refrixeración e enerxía solar.
27/04/2012