Negar a evidencia é un delito na maioría dos países europeos, sobre todo cando se fai co Holocausto: afirmar que o xenocidio xudeu durante a II Guerra Mundial ou as cámaras de gas non existiron, o Negacionismo, é unha corrente que tenta reinterpretar os feitos asegurando que todo o ocorrido na Alemaña nazi foi un mito, un fraude. Por iso, para que a historia permaneza na memoria, un grupo de investigadores do Máster de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo traballa xunto coas de Granada, Alicante e Murcia nunha base de datos sobre as voces do Holocausto, aínda que dende unha perspectiva novidosa: a das mulleres. “Pasábano peor nos campos de concentración, morrían máis e as que conseguían sobrevivir quedaban marxinadas”, explica Xoan Manuel Garrido.
23/05/2011