A Casa das Campás abre unha nova quenda da súa habitual programación de primavera con 13 actividades ao longo dos meses de abril e maio que abranguen conferencias, cursos, cinema, teatro, música e danza, co obxectivo de ampliar os usos do edificio e de achegar este espazo á comunidade universitaria e á sociedade en xeral. Na presentacion da programación celebrada hoxe o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, destacou que a base do programa "é buscar a intelixencia sensible nas pequenas cousas” e que ao igual que nas anteriores edicións "foxe dos grandes eventos e traza un eixo polifórmico con diferentes disciplinas, sempre marxinais, pero moi centradas”. Pola súa parte, Ana Belén Fernández, directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes de Pontevedra, salientou “a orientación máis lúdica e espectacular da programación de primavera fronte á formativa da de outono”.
08/04/2010