A empresa cervexeira Pomelo comercializará os seus produtos dende Ourense e cun ambicioso plan de internacionalización que lle permitirá chegar máis aló das fronteiras nacionais. Pero Pomelo non é unha compañía ao uso, é unha empresa virtual creada por tres estudantes do Máster en creación, dirección e innovación na empresa que, con moito esforzo e creatividade, están xa na fase final do concurso Beertual Challenge. Trátase dun simulador de negocio posto en marcha no ano 2007 polo Grupo Modelo, o oitavo do mundo deste sector e comercializador, entre outras, da marca Coronita.
25/02/2010