A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo vén de pór en marcha a Semana Europea 2010, unha iniciativa “pioneira na Universidade de Vigo” segundo afirma a decana do centro, María Elisa Alén, que reúne no campus a oito profesores procedentes de seis países europeos: Alemaña, Finlandia, Letonia, Italia, Portugal e, por suposto, España. A actividade prolongarase ao longo de toda esta semana cun programa que inclúe a transmisión de contidos docentes integramente en inglés, seminarios de traballo e actividades culturais.
12/04/2010