As novas tecnoloxías poñen sobre a mesa todo un mundo de posibilidades para a educación superior, pero tampouco poden ser excluíntes de outros métodos tradicionais e non tecnolóxicos “o coñecemento científico require rigor, pero tamén creatividade e accesibilidade”, así definiu o profesor Miguel Merino, presidente do comité organizador das Xornadas Universidad 2.0, o intre actual que viven as universidades galegas. Punto de encontro entre profesores, alumnos e empresas TIC, a xornada serviu para compartir experiencias, inquietudes e debater en torno á aplicación das TIC no escenario da educación superior.
A cita tivo lugar no salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e nela coincidiron a directora do centro, Edita de Lorenzo, e o reitor, Salustiano Mato que, pese a admitir que vivimos “nunha ciber-sociedade de dimensións planetarias” fixo fincapé en que é un mundo “creado por persoas para persoas”.
03/05/2012