Un ano máis, a segunda fin de semana de maio a Sociedade Xeolóxica Española, a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra e o Instituto Xeológico e Mineiro organizan o Xeolodía, unha actividade de divulgación que ten como obxectivo achegar a xeoloxía á sociedade. E un edición máis, o campus de Ourense implicarase na súa celebración na provincia, participando nesta ocasión Elena de Uña, docente da Área de Xeografía Física, na súa organización. A cita, que a nivel estatal conta con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, será o día 6 de maio, levándose a cabo unha excursión guiada polas covas graníticas de Adeghas, no Carballiño.
03/05/2017