Rubén Diz (00:31:41) e Ester Navarrete (00:35:05) proclamáronse este domingo gañadores da décimo primera edición da carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria, una das citas máis senlleiras co deporte na Universidade de Vigo. En total, máis de 650 deportistas déronse cita na carreira da felicidade nas diferentes categorías e modalidades. 469 optaron pola proba estrela, os 10 km, proba puntuable para o Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares, mentres outras 61 optaron pola modalidade de iniciación de 6,6 km e outras 123 participaron na andaina. Na categoría xeral en modalidade masculina, e por detrás de Rubén Diz, foi segundo Gonzalo Bascocelos (00:31:55) e terceiro Ivan Roade (00:32:27). Na feminina, na que Navarrete gañou por segundo ano consecutivo, a segunda praza foi para Sandra Mosquera (00:37:04) e a terceira para Sofía Freaza (00:37:54), nos postos 29 e 36 na xeral, respectivamente. Na Clasificación Universitaria Galaico-Duriense a Universidade de Porto foi a gran triunfadora, acaparando os tres postos do podio
24/04/2017