A priori, a actual situación económica derivada da pandemia da covid-19 non semella o mellor momento para comezar a busca activa de emprego. Pero como caso todas as situacións adversas, esta tamén pode supor unha oportunidade para formarse, coñecer as novas necesidades dun futuro mercado laboral da era pos-coronavirus e mellorar a formación. Con esta idea, a Área de Emprego e Emprendemento decidiu poñer en marcha os Xoves Empregables, unha serie de seminarios web cunha periodicidade mensual destinados tanto a estudantes como a persoas recentemente tituladas pola Universidade de Vigo.
09/09/2020