O Congreso Internacional de Agroecoloxía, que ía ter lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a vindeira semana, converterase no primeiro que se desenvolva de xeito virtual no Campus Remoto da UVigo. Organizado polo grupo de investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, esta oitava edición do simposio tivo que facer fronte á nova situación derivada da pandemia da covid-19 e optouse por continuar co evento, pero en modalidade en liña, e ampliar un día o programa. Así o congreso arrancará un día antes do previsto inicialmente, o día 1 de xullo e estenderase ata o día 3 de xullo.
26/06/2020