O Seminario de Loxística, que chega este ano á súa vixésimo sexta edición, ten como obxectivo servir como punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área da loxística, tendo como finalidade presentar as últimas tendencias neste eido e ofrecer experiencias do mundo real sobre como se implantan os sistemas loxísticos nas empresas. Esta nova edición celebrouse hoxe mércores na Escola de Enxeñaría Industrial, baixo a coordinadción do profesor José Carlos Prado, do Grupo de Ingeniería Industrial.
23/05/2018