O viaduto Polcevera, en Xénova, viuse abaixo en agosto de 2018 levándose con el a vida de preto de medio cento de persoas. O seu derrubamento causou un fondo impacto en Italia tanto pola cantidade de vítimas como porque non se tiña detectado ningún tipo de problema técnico que fixera sospeitar algún risco no viaduto. “A partir de aquí, a Comisión Europea tomou cartas no asunto”, explica o catedrático Pedro Arias e, entre outras iniciativas lanzou, lanzou unha convocatoria H2020 para proxectos relacionados co liderado industrial, a fabricación e os procesos avanzados e os novos materiais.
11/01/2021