A Universidade de Vigo presentou este mércores nunha xornada virtual a súa oferta de mestrados para o vindeiro curso: 60 titulacións e máis de 1700 prazas que se distribuirán entre os campus de Vigo (38), Ourense (14) e Pontevedra (10).
Do 13 a 16 de xuño terá lugar unha nova edición, a sexta, do Simposio Internacional de Ensino das Ciencias. Este evento en liña celébrase cada dous anos como un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre todas aquelas persoas interesadas no ensino das ciencias en calquera ámbito educativo.
A experiencia no ensino virtual do Grao en Dirección e Xestión Pública e o Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional centraron o encontro que o decano comisario da facultade na que se integrarán este dous títulos, Enrique Varela, mantivo co reitor da Universidad Centroamericana José Simeón Cañas do Salvador, Andreu Oliva.
Achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo ao público xeral e, en especial, a un público familiar. Este é a idea dos obradoiros de astronomía Astrofamilias, unha nova iniciativa posta en marcha pola UVigo dentro do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta.
La operación Berlín: la niñez que peleó la guerra en Colombia, é un documental dirixido por Mathew Charles que narra as experiencias de nenas e nenos que foron recrutados por unha columna móbil das Farc-Ep.
Preto de 50 institucións académicas, tanto públicas como privadas, forman parte da Asociación Española de Universidades con Titulaciones en Información y Comunicación (Atic), da que Emma Torres, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, é a nova vicepresidenta.
Co obxectivo de sumar aos coñecementos que adquiren ao longo da carreira unha visión panorámica das diferentes opcións profesionais unha vez finalicen a súa formación académica, a Facultade de Fisioterapia acolle cada curso unha mesa redonda sobre saídas laborais, que este mércores chegaba á súa 24 edición.
Hai pouco máis dun mes, a Universidade de Vigo e a asociación Inventiva asinaban un acordo para traballar conxuntamente a prol do desenvolvemento do talento de nenas e nenos con altas capacidades. Os froitos deste convenio de colaboración comezan a agromar e xa está en marcha un ciclo de conferencias.
O Centro de Linguas abre o prazo de matrícula para os cursos de verán, que comprenden catro idiomas: inglés, alemán, portugués e italiano e en modalidade semipresencial ou virtual.
A Universidade de Vigo leva días celebrando actos nos que, dun ou outro xeito, se lembra e homenaxea a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A lembranza chega neste artigo da man do profesor e escritor Anxo Angueira.
Desde o pasado 4 de febreiro Julio Prada ocupaba en funcións o cargo de decano da Facultade de Historia do campus de Ourense por encargo de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, debido a que non se presentaran candidatos ás eleccións a decanato do centro.
Do xeito de dar a coñecer a traxectoria académica e profesional nunha entrevista, a como enfrontarse a test psicotécnicos e dinámicas de grupo nun proceso de selección de persoal, pasando pola propia elaboración do currículo. Mellorar as competencias do alumnado da Facultade de Dirección e Xestión Pública en aspectos que “en moitos casos abórdanse nas materias desde un punto de vista teórico” é o obxectivo do Seminario de empregabilidade que acolle este centro.
Cunha estética inspirada no disco El Madrileño de C. Tangana e coa posta en valor do talento do alumnado como eixo de campaña, a formación El Publicista converteuse neste 2022 na gañadora das eleccións ás que cada curso concorren catro partidos creados polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Tras máis de 25 edicións, o Seminario de Loxística que organiza o Grupo de Ingeniería de Organización (GIO) segue consolidándose ano a ano como punto de encontro dos profesionais do sector. A cita deste curso, a vixésimo oitava, será o 25 deste mes de maio na sede campus da Escola de Enxeñaría Industrial.
A praza Erasmo do campus vigúes encheuse este mediodía para homenaxear o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos, falecido a pasada semana, de xeito repentino, na véspera da celebración das eleccións na UVigo.