Por segundo ano consecutivo a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten aberto a convocatoria para a solicitude do distintivo Bandeira Verde de Galicia, que recoñece o esforzo e a implicación dos concellos galegos, e da súa veciñanza, na protección da paisaxe e patrimonio natural. Como un reto de aprendizaxe, alumnado do último curso do Grao de Ciencias Ambientais da Facultade de Ciencias traballarán de xeito simulado a candidatura para acadar este distintivo para o Concello de Ourense.
13/04/2021