Os campionatos de España universitarios seguen deixando boas novas en forma de medallas para a Universidade de Vigo. O último éxito foi o obtido esta fin de semana no CEU de bádminton celebrado no Palacio de Deportes de Santander. A UVigo conseguiu o bronce por equipos, mentres que o estudante Antonio Iglesias obtivo a medalla de prata na competición individual.
30/04/2024