Nas instalacións do antigo fogar provincial da rúa Sierra iniciou a súa andaina, no curso 1994-1995, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. 25 anos despois, o centro do campus pontevedrés mira cara atrás para rememorar un cuarto de século marcado polo “esforzo por contribuír á formación de profesionais da comunicación e da xestión desde unha perspectiva multidisciplinar que os capacite para un mercado laboral en constante evolución”.
07/10/2019