A pesares de ser “un proxecto tan galego, que revela tanto a identidade galega”, máis do 50% dos fondos que fixeron posible O que arde, a premiada película de Oliver Laxe, procederon de fóra da comunidade autónoma. Así o explicou o seu produtor, Xavi Font, no coloquio que este venres promoveu, no marco do Culturgal, a Axencia Galega das Industrias Cuturais da Xunta de Galicia (Agadic), coa colaboración da Vicerreitoría do campus.
29/11/2019