Entre hoxe martes e o vindeiro xoves, preto de 4500 estudantes enfróntanse ao seu futuro nos tres campus da Universidade de Vigo. Son tres días de nervios, de repasos de última hora e de moita presión, pero tamén de alivio ao ver que os exames da ABAU “non son para tanto”. Nesta apreciación coincidía boa parte do alumnado que hoxe martes comezou as probas de acceso á universidade, de cuxas notas dependerá o seu futuro académico.
12/06/2018