Logo dun curso no que a docencia presencial tivo que alternarse coas modalidades mixta e non presencial, este luns bota a andar un novo ano académico na UVigo que será eminentemente presencial. “É un curso ilusionante para todos, no que agardo que sigamos sendo todos moi coidadosos para que non se produza ningún gromo dentro da Universidade”, salientou o reitor Manuel Reigosa esta mesma mañá.
06/09/2021