A I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo colaborará coas fundacións Vicente Risco e Otero Pedrayo para dar a coñecer os tres escritores e pensadores nas súa respectivas culturas, no ámbito galego e lusófono.
Vicerreitoría e Campus Crea promoven un concurso de vídeos en TikTok, no que convidan á comunidade universitaria a reflectir, dun xeito divertido, o que significa para eles e elas a idea de creatividade.
Coa participación de 35 equipos das tres universidades públicas galegas, conformados por preto de 650 estudantes, e competicións de seis modalidades deportivas, que se desenvolveron en cinco instalacións deportivas, Pontevedra acolleu nas xornadas de mércores e xoves o XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
Resultado dun proceso de traballo no que contou coa colaboración dun grupo de estudantes de Belas Artes, o artista británico Simon Callery presenta na tarde deste xoves na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha obra de grandes dimensións que é o resultado final de semanas de traballo en contacto directo coas paisaxes do río Lérez, Cabo Udra e Mogor.
O terceiro número, o correspondente a 2024, de Ágora. Revista Universitaria de Cultura, xa está dispoñible. Nela participan egresados e alumnado da Facultade de Historia do campus de Ourense.
Unha sinerxía entre a música sinfónica e a tradición sonora galega. Isto é o que propón a Vicerreitoría para unha nova edición do Concerto de Primavera do campus, que nesta ocasión terá como protagonistas a Orquestra Xove de Pontevedra e as aulas de música e baile tradicional do campus.
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
Preto de 650 estudantes das tres universidades públicas galegas participan desde a mañá deste mércores en Pontevedra no XXVI Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá do 18 ao 20 de marzo a celebración das I Xornadas de Traballo Social Eco-Social. A cita terá lugar coincidindo coa conmemoración o 19 de marzo do Día Mundial do Traballo Social.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León.
Desde este xoves pola tarde, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle nos seus muros unha nova proposta creativa. Trátase da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira.
Promover unha reflexión sobre as “novas derivas” da arte gráfica cara unha “arte múltiple máis complexa e expansiva, que se instala no espazo”. Ese é o obxectivo dunha convocatoria impulsada polo grupo de investigación dx5 e aberta tanto á participación de estudantes de Belas Artes como de titulados e tituladas de 2014 en diante.
Co gallo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense inaugurou este xoves a exposición Flora, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional.
Reunir tres novas profesionais da publicidade e do audiovisual para falar sobre como as mulleres están representadas neste eidos, pero tamén sobre como estes sectores representan ás mulleres. Ese foi o obxectivo central da mesa redonda que este xoves acolleu a Facultade de Comunicación.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.