Este mércores celebrouse o primeiro faladoiro virtual do Colexio de Economistas de Ourense, no que participaron Alberto Vaquero, profesor titular e secretario da Facultad de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense; Rocío de Frutos, directora provincial do INSS de Ourense; Felipe Ferreiro, presidente de Cruz Vermella de Ourense; Miguel Ángel Vázquez, presidente do Consello Galego de Economistas, e María del Carmen Sampayo, decana-presidenta dos economistas ourensáns. Durante a actividade, coordinada por Susana Díaz, xerenta do Colexio de Economistas de Ourense, as e os participantes abordaron a situación económica post-COVID, sinalando os aspectos que ao seu xuízo deben ser tidos en conta a hora de aplicar medidas tendentes a mellorar o escenario actual.
11/06/2020