Un bulebule de xente entrando e saíndo. Recén titulados e estudantes dos últimos cursos das tres escolas de enxeñarías do campus –Industrial, Telecomunicación e Minas- compartindo e intercambiando opinións con directores, técnicos e responsables de recursos humanos dalgunhas das principais empresas do sector: R, Repsol, PSA Peugeot Citroën, Altran, Tecnocom, Altia, Imatia, BorgWarner, Quantum... Isto é o Foro Tecnolóxico do Emprego, unha cita, organizada por e para o alumnado, que este ano acada xa a súa XIV edición e se consolida como punto de encontro entre as futuras enxeñeiras e enxeñeiros e o mundo empresarial.
As actividades botaron a andar onte martes coa celebración de varias conferencias “pero o prato forte chega hoxe coa apertura dos stands”, subliña Carolina Pousa, coordinadora xeral da actividade.
12/03/2014