Climatización, aforro enerxético, iluminación responsable, illamento, etc. Son moitos os aspectos que interveñen na procura da eficiencia enerxética dunha edificación e moitos deles foron debatidos este mércores no marco dunha xornada organizada por EnergyLab, Atecyr, a Escola de Enxeñería Industrial e Foncalor, Asociación de Empresarios Instaladores de Fontanería, Calefacción, Gas, Electricidade, Climatización, Saneamento, Mantemento e afíns de Pontevedra. Ambas institucións teñen traballado xa conxuntamente na procura de ampliar a formación e o coñecemento neste eido desenvolvendo políticas de información.
14/02/2013