Co fin da tempada deportiva á volta da esquina, é hora de facer un último esforzo para recoller os froitos do traballo realizado durante todo o ano. Isto é o que lles sucede ás diferentes categorías do Club Deportivo Universidade de Vigo de tenis, a piques de rematar unha tempada inigualable no Campionato Galego por Equipos. Mentres que o equipo masculino CD Universidade de Vigo ‘A’, adestrado por Jorge Comesaña, goza dun pé en 1º categoría tras rematar como segundo de grupo, o equipo feminino loitará os vindeiros días 4, 5, 11 e 12 de xuño por obter o mellor resultado posible ante o Club de Tenis Coruña. Doutra banda, hai que resaltar que o equipo masculino ‘B’ xa acadou o ascenso a 2º ‘B’, tras quedar segundo de grupo na fase de liga e acceder á fase de promoción, na cal obtivo a vitoria.
31/05/2011