Soundshepard, Phobia, Tanghana´s show, Baldosa Amarilla e Dj Manson son os grupos musicais que ambientarán a festa que os alumnos da ETSE Industrial preparan para este venres con motivo da celebración do seu patrón, San Pepe. A Praza Miralles acollerá a partir das 12 da mañá os festexos, que inclúen xogos como a carreira de sacos, o tiro da corda, o twister e o campionato de pedra-papel-tixeira, nos que poderán participar todos aqueles que o desexen. Pola súa banda, a EUET industrial celebra o San Pepito cunha festa na Sala A!
02/04/2008