Ao igual que o campus de Vigo ou o de Ourense, o de Pontevedra xa conta cun vehículo propio para cubrir as súas necesidades en materia de trasporte de material, xa sexa para beneficio dos estudantes ou de calquera membro da comunidade universitaria. Deste xeito, o xefe do Servizo de Parque Móbil e Correos da Universidade, Alejandro Fernández Graña, entregou a furgoneta Jamper con capacidade para seis prazas e carga para mercancías esta mesma mañá no aparcadoiro da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, ante a presenza do vicerreitor, Jesús Hernández e da directora de Planificación e Coordinación do campus, Antonia Blanco. Segundo explicou o responsable da Vicerreitoría, “era algo que xa existía en Ourense e que agora tamén podemos ofrecer en Pontevedra, xa que as titulacións que aquí se imparten precisan constantemente de este servizo”.
16/06/2008