“Son a promoción de oficiais mellor preparados da historia da Armada”. Con estas palabras define José María Pousada, director do Centro Universitario da Defensa, adscrito á Universidade de Vigo, aos 66 novos oficiais que este xoves recibiron na Escola Naval de Marín, coincidindo coa celebración do Carme, patroa da Armada, os seus Reais Despachos, nun acto que estivo presidido polo rei de España, Felipe VI. Son a primeira promoción do CUD, centro que botou a andar en 2009 froito da alianza entre a ENM e a Universidade, os primeiros oficiais que recibiron unha ensinanza integral na que, ademais da formación militar específica, recibiron tamén docencia universitaria que os converte en Graduados en Enxeñaría Mecánica, coa intensificación en Tecnoloxías Navais.
16/07/2015