“A Universidade pode prestar un servizo magnífico á sociedade”, a xuízo de Román Rodríguez, presidente da Comisión de Educación do Parlamento de Galicia, que este luns debateu sobre o futuro do ensino superior nun seminario en Ciencias Sociais e da Comunicación. Para este deputado do PPdeG as universidades teñen na cooperación, “tanto dentro como fóra, un enorme potencial”. Mais, ao mesmo tempo, esta cuestión tamén supón, ao seu xuízo, “unha debilidade” do sistema universitario, posto que “pese a notabilísimas excepcións, non estamos facendo todo o que podíamos facer”, asegurou.
10/11/2014