“Unha máquina poden tela moitas empresas, só hai que ter cartos, pero a unha persoa que sexa boa no seu campo e traballe ben soamente a tes ti, non o teu competidor, e esa é unha vantaxe moi importante”. Esa é unha das principais conclusións do traballo de fin de grao de Alba Rodríguez, Influenzas dos estilos de liderado nas organizacións. O caso das empresas de servizos avanzados, co que acaba de gañar o II Premio de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense, ao que cada ano concorren “máis traballos e de maior calidade, o que indica o alto nivel do noso alumnado”, como explicou a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Elena Rivo.
25/11/2014